Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

12 jun. 2015

Parada recuerda que los miradores de A Franqueira son suyos

La Parroquia de Parada recuerda que los Miradores y la Nevera que están en el coto do Fento (Paradanta) y fueron construidos en los años 1994 a 1996 por la Comunidad de Montes de Parada, y no por el concello de A Cañiza, como se dijo en su momento con motivo de la rehabilitación de los mismos. Además indican que la Nevera está en Chan da Neveira (Coto da Vella a Paradanta). Este coto es uno de los lugares de culto de la Virgen de A Franqueira.


Fuente: http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/06/03/parada-recuerda-miradores-franqueira-son/1252264.html

13 abr. 2015

PRORROGA DO NEMATODO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015, da Secretaria Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se prorrogan os traballos de seguimento e control na zona demarcada e na zona tampón dos 20 quilómetros do territorio declarado en corentena polo Bursaphelenchus xylophilus, segundo a Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

Antecedentes.

1. Con data do 23 de febreiro de 2006 publicouse no Diario Oficial de la Unión Europea a Decisión 2006/133/CE da Comisión, do 13 de febreiro, pola que se esixe aos Estados membros que adopten, con carácter temporal, medidas complementarias contra a propagación de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (NMP) no que respecta a zonas de Portugal distintas daquelas nas cales se comprobara a súa ausencia.

2. Con data do 26 de novembro de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

En aplicación da citada resolución e de cara a facer efectiva a erradicación do dito organismo de corentena, a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria publicou o Anuncio do 17 de decembro de 2010 polo que se dá publicidade ao inicio da execución das medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena.

3. Mediante o Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, declárase de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus e ordénanse as medidas para evitar a súa propagación.

Neste decreto, o artigo 18.2 establece que as medidas adoptadas serán realizadas polos titulares do aproveitamento nos prazos sinalados pola normativa de aplicación. Se non se adoptasen nos ditos prazos, a Administración poderá proceder á súa execución de forma subsidiaria.

No artigo 20.1 di que no caso de desistencia do propietario de realizar as tarefas de erradicación, ou ben porque se teñan decretado de utilidade pública os traballos de erradicación, a Administración realizará os traballos silvícolas con medios propios ou mediante contratos con empresas do sector.

4. En desenvolvemento do anterior decreto, ditouse a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus, que ten por obxecto establecer no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia medidas que se deben adoptar nas cortas e movementos de vexetais ou material procedentes de plantas sensibles ao nematodo do piñeiro para evitar a expansión da praga do B. xylophilus nas zonas demarcadas ou fóra delas.

5. A Food and Veterinary Office (FVO), que é o organismo competente dentro da Dirección Xeral de Saude e Consumidores da Comisión Europea para a realización de auditorías e inspeccións para asegurar o cumprimento da lexislación europea sobre sanidade vexetal, realizou, desde a detección do foco das Neves no ano 2010, varias auditorías con vistas a avaliar a situación, as medidas e os controis efectuados relativos ao Bursaphelenchus xylophilus (NMP) na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas auditorías abranguen as inspeccións do territorio para detectar a presenza do NMP, as medidas de erradicación aplicadas cando se detectou o NMP, a vixilancia dos traslados de material sensible dentro e fóra das zonas demarcadas, a supervisión das instalacións autorizadas para efectuar tratamento térmico e dos produtores de embalaxes de madeira para a marcación.

6. A Decisión 2012/535/UE de execución da Comisión, do 26 de setembro, relativa ás medidas de emerxencia para evitar a propagación na Unión de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro), establece as medidas de erradicación e control que se deberán adoptar nas zonas demarcadas, e deixa sen efecto a Decisión 2006/133/CE da Comisión, do 13 de febreiro.

As medidas de erradicación que se deberán adoptar nestas zonas serán as de prospección e eliminación de árbores de plantas sensibles que mostren síntomas de estar afectadas polo organismo, e procederase á destrución inmediata por incineración en lugares adecuados ou conversión en estelas, para seren trasladadas baixo control oficial ás instalacións industriais para a utilización enerxética. A decisión establece que para garantir o logro da erradicación cando sexa posible, os Estados membros deberán aplicar medidas de erradicación durante catro anos, como mínimo.

7. O informe final da última auditoría efectuada en Galicia pola FVO en maio de 2014 (DG(SANCO) 2014-7195) establece que a autoridade competente deberá garantir con eficacia o cumprimento da execución de todas as medidas establecidas na Decisión 2012/535/UE.

Consideracións legais e técnicas:

1. O artigo 14 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, habilita a Comunidade Autónoma de Galicia para adoptar algunha das medidas fitosanitarias establecidas no artigo 18 da dita lei, o que implica a facultade de desinsectar, desinfectar, inmobilizar, destruír, transformar ou someter a calquera outra medida profiláctica os vexetais e os seus produtos, así como o material con eles relacionado que sexa ou poida ser vehículo de pragas (artigo18.b).

2. A disposición derradeira única da Orde do 22 de marzo de 2012, pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus, establece que a vixencia das medidas adoptadas na orde será de tres anos desde a súa publicación, agás que se detecten novos focos, caso en que se podería prorrogar por períodos anuais mediante resolución do secretario xeral do Medio Rural e Montes.

Aínda que a vixencia inicial das medidas establecidas na Orde do 22 de marzo de 2012 era de tres anos, período no cal se prevía rematar os traballos de erradicación da enfermidade, á vista dos informes de auditoría da FVO, que poñen de manifesto a existencia de zonas con exemplares sintomáticos nos territorios afectados, procede prorrogar a vixencia das medidas establecidas nesta orde co fin de garantir a eficacia na erradicación do patóxeno.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Prorrogar durante un ano a vixencia das medidas fitosanitarias establecidas na Orde do 22 de marzo de 2012 co obxecto de erradicar o organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (NMP).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

5 abr. 2015

Polas Fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva. PR-G165

FM150328Cañiza215
A de hoxe presentábase como unha xornada festeira, pois tiñamos reservado para Suso unha serie de sorpresas, por isto de celebrar as súas 151 andainas coa USC, e que lle fomos dando ao longo do día… e comezamos ben cedo! Recibiunos o bus que nos leva por Galicia adiante ben engalanado de guirnaldas e cunha lenda no parabrisas que poñía Parabéns Suso CL. Creo que o home non daba crédito, e moito máis ao subir e achegarse ao seu asento habitual, cando o veu sementado de máis guirnaldas. Alí mesmo, entregámos lle unha camiseta que, pensamos, lle gustou moito… e sen máis, dando el a orde de marchar, fomos camiño da Cañiza, con moitas gañas de facer unha ruta moi interesante tanto a nivel natural como cultural.
  • Lonxitude: 15 km
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio
Así que fomos ata a comarca da Paradanta, no sur de Galicia e visitamos o concello da Cañiza, para percorrer un dos trazados doPR-G165, salientable pola variedade paisaxística que hai durante a ruta.
Despois de tomar o café de rigor e de apropiarnos de embutidos na Cañiza, desprazámonos ata a Ermida da Pena de Francia, para iniciar o percorrido. Desde aquí comezamos a subir pouco a pouco, sen moita dureza a pesares do desnivel que salvamos, que se verá compensado polas fermosas vistas que hai dende arriba, que nos deixa ver a néboa a medida que avanza a mañá.
Imos polo sendeiro histórico Camiño da Raíña, nome que lle ven dado como testemuño de ser a vía de tránsito da raíña dona Urraca cando viña de Castela ao mosteiro da Franqueira, e tamén para visitar as súas propiedades en terras galegas, como o Castelo de Sobroso. Este sendeiro foi vía principal de comunicación desde a Idade Media ademáis de converterse nunha importantísima vía comercial que servía de nexo entre os portos do Atlántico e as terras do interior.
E adentrámonos na fraga do río Calvo, un Espazo Natural de Interese Local, atravesada por numerosos nacentes e cursos de auga que alimentan o río e creando un microclima húmido de verdes ribeiras de liquens, musgos e fentos. Este tramo é moi fermoso, pois o sendeiro discorre case todo o tempo pola beira do río, coa primavera recén estreada dándonos uns verdes moi intensos e co son da auga acompañándonos en todo momento. Destaca un souto centenario cuns castiñeiros impresionantes.
A fraga do río Calvo é un auténtico tesouro pouco coñecido, no que é salientable o seu bo estado de conservación, a biodiversidade e a súa beleza, que lle dá certo aire máxico.
Deixamos atrás a fraga e imos polo Camiño de Defuntos, ata o Feirón, onde decidimos facer unha pausa para descansar e repoñer forzas. Quédanos unha segunda parte da ruta ben fermosa.
As fragas do río Deva, coas súas augas deixando sentir a súa presenza permanente neste tramo, son un espeso bosque de ribeira onde predomina o salgueiro e o ameneiro, salpicados con carballos e pradairos, de intensos verdes neste comezo primaveral. Sons de auga vanse alternando, dende a tranquilidade dos remansos ata a enerxía dos rápidos e fervenzas na viaxe cara ao ríoMiño, salpicadas de levadas (canles para abastecer de auga as zonas de cultivo ou os pastos) ou muiños, como o de Sampaio, que nos da conta da súa importancia en tempos pasados.
O camiño é un sube e baixa, no que salvamos importantes desniveis, anque de xeito bastante escalonado.
Comezamos a ver as primeras sobreiras, unha árbore pouco frecuente na actualidade en Galicia, polo que emociona atoparse con ducias de exemplares neste bosque. De feito, un pouco máis adiante, na última parte da ruta, atravesamos un sobreiral de más de 4 hectáreas, un espazo forestal peculiar en Galicia, pois os montes de sobreira foron reducindo a súa presenza no noso país, ata o punto de ser considerados raros, cada vez máis escasos e nunha situación de ameaza de desaparición.… camiñamos por unha auténtica marabilla!
E deixamos para o final a celebración das CL andainas de Suso na Cañiza, con licor café traído por Marga e unhas pastas que trouxemos do Convento de Belvís. Por certo, o debuxo que figura na caixa das pastas é un regalo que lle fixo Suso ás monxas, e que se laia por non telo asinado (quen lle ía dicir que o seu debuxo ía ser tan viaxeiro!

4 abr. 2015

Las comunidades afectadas por los incendios urgen a la Xunta medidas de prevención

Algunas de las comunidades de montes afectadas por los incendios forestales de esta semana criticaron ayer "el abandono y despreocupación de la Xunta de Galicia con relación a los montes y el sector forestal en general" y pidieron políticas de prevención.

En un comunicado firmado por la comunidades de Xinzo, Ribadetea y Mos (afectadas por los fuegos) los comuneros muestran que "no entienden cómo es posible que se sigan aplicando durante décadas las mismas políticas, las mismas medidas, derrochando cada año dinero en apagar fuegos, y que los incendios sigan destruyendo los montes como sucedió esta semana en tres parroquias de Ponteareas."

Los directivos de las comunidades, que hace poco pusieron de manifiesto el malestar del sector con las políticas de la Xunta de Galicia, insisten en la necesidad de ejecutar medidas de prevención en colaboración con los propietarios y de incentivar las inversiones en los montes. "Solo se reducirán los incendios si las actividades ligadas a los montes son rentables y se aplican planes de prevención", manifestaron.

En una reunión celebrada en la noche del miércoles, después de hacer balance de los daños de los últimos incendios de Ponteareas, acordaron solicitar una reunión urgente con la conselleira de Medio Rural e do Mar para trasladarle la demanda de un giro radical en las políticas de la Xunta con relación a los montes. "Las Comunidades con montes ordenados reinvierten en sus propiedades más dinero del que sacan con la venta de madera, la Xunta lo sabe, pero no reciben ninguna compensación por los beneficios que entregan al conjunto de la sociedad por tener el monte cuidado", fue una de las conclusiones del encuentro y que trasladarán a la Consellería con el objetivo de concretar actuaciones de prevención, medidas que permitan simplificar la gestión y relación con la administración así como para mejorar la rentabilidad de los montes.

Las comunidades también mantendrán reuniones con los alcaldes de la zona para tratar sobre la gestión de los montes y la prevención de los incendios. Demandarán el apoyo de los ayuntamientos para las propuestas que le trasladarán a la Xunta de Galicia.

FARO DE VIGO

27 mar. 2013

Cacelada la "andaina" organizad para el día 31 de marzo!!!

Lamentamos comunicaros que hemos cancelado la "andaina" organizada para el 31 de marzo. Debido a las lluvias de estos días los ríos que atraviesan la ruta están desbordados y los pasos intransitables. Dadas las previsiones esperaremos unos días antes de confirmar la nueva fecha para la "andaina". Sentimos las molestias y os agradecemos que nos ayudéis a difundir este mensaje.

14 mar. 2013

Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva

Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva

A Parroquia de Parada de Achas, na Cañiza, inaugura o seu primeiro sendeiro federado, o PR –G 165, Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva.

O venres, día 8, no lugar de A Ponte, en Parada de Achas, A Cañiza, a Asociación de Veciños de Parada (Paradanta) e a Comunidade de Montes de Parada de Achas celebran o acto inaugural do Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva. 


Este sendeiro, cun recorrido circular de 18 Km. polo val de Parada, máis unha derivación de 6,2 km. pola serra, representa a culminación dun esforzo de 3 anos dos veciños de Parada. 

O sendeiro, de dificultade media, ten a peculiaridade de que no seu percorrido conduce ao camiñante por tres ecosistemas diferentes: as fragas do Calvo e do Deva, un bosque de sobreiras e un bosque de piñeiro silvestre típico de media montaña. Tres hábitats diferenciados nun mesmo percorrido. Ademais, para deseñalo, os veciños recuperaron vellos camiños xa en desuso, vellas corredoiras de pedra, pasando ao lado de antigos muíños e por históricas levadas... isto fíxose recorrendo aos máis maiores da parroquia para que indicaran esas vellas sendas. 

 Este proxecto, no que participou activamente unha parte moi importante dos veciños é unha maneira de dinamizar a parroquia de Parada de Achas, de grande riqueza paisaxística, e por extensión o Concello da Cañiza. 

 A Fraga do Calvo, Espazo Natural de Interese Local, con un souto centenario con árbores de formas sorprendentes, é unha zona case virxe e chea de lendas, con un delicado ecosistema onde habitan especies protexidas. A Fraga do Deva, e un bosque de ribeira, onde a auga nos pasea por levadas, poldras, muíños e fervenzas. O Sobreiral, un bosque atípico en Galicia, destaca pola súa extensión, máis de 4 hectáreas, e bo estado de conservación. 

 Entre outros espazos recuperados están o do antigo campo da feira da parroquia, O Feirón; o vello Camiño de Defuntos; o Camiño da Raíña... Ademais de destacar elementos patrimoniais e arquitectónicos como pazos, igrexas, petos de ánimas, canastros, muíños, corredoiras de pedra... 

 Os interesados en descubrir este sendeiro poden recabar información nas seguintes ligazóns: http://www.youtube.com/watch?v=PbBPeEZu7Es Facebook.com/pages/As-Fragas-e-Levadas-do-Calvo-e-Deva 

 FONTE: ELFORODIGITAL

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: