Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

30 mar 2010

Medio Rural publica no DOG unha orde sobre as medidas de identificación e rexistro de cabalos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 30 de marzo de 2010 publica unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se ditan as disposicións particulares de execución do sistema de identificación e rexistro dos cabalos na nosa Comunidade Autónoma.

O sistema de identificación constará dos seguintes elementos: Un documento de identificación individual, permanente e único para cada equino; transpondedores de aplicación parenteral que permitan o establecemento dun vínculo inequívoco entre o documento de identificación e o animal e unha base de datos informatizada onde se rexistre a información sobre o cabalo, con datos básicos entre os que figurarán, entre outros, un número permanente e único; a especie, sexo e raza; o país e data de nacemento; o nome e referencias do titular do exemplar en cuestión. Así mesmo, nesta base figurará o Código da explotación de nacemento (Rega) do animal. Este sistema baséase na actuación de veterinarios de exercicio libre autorizados a tal fin pola Consellería do Medio Rural (VER TEXTO)

Axudas
O DOG publica tamén outra Orde de Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao sector equino para o seu fomento e desenvolvemento no ámbito da nosa Comunidade Autónoma. Con carácter inmediato vaise publicar ademais outra norma coas bases das axudas específicas á identificación do gando equino, e a súa convocatoria para 2010, referidas exclusivamente aos cabalos explotados en réxime de liberdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: