Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

27 may 2009

OS DESLINDES ENTRE COMUNIDADES

A Comunidade de Montes de Parada de Achas e Luneda próximamente firmarán a Acta de deslindes, despois de uns cantos anos de desacordos.
As dúas Comunidades de Montes levarán o acordo a súa Asamblea Xeral, o día 21 de Xuño, para ser ratificada e aprobada polos seus comuneiros.
Con isto a Comunidade de Montes de Parada de Achas terá o seu monte casi definido, legalmente, a espera do único acordo que lle queda que é coa Comunidade de Montes de A Franqueira, a cal non se decide a dar ese paso. O ano pasado levaron a cabo o deslinde coas Comunidades de Montes de Prado de Canda e Lamosa (Covelo); e fai tres anos firmaron as Actas de deslinde coas Comunidades de Valeixe e Achas (A Cañiza).
O traballo de deslindalos montes e longo e afanoso, pois co apego que temos os galegos as terras, e difícil desprendernos de un anaco de terra dun lado, por pequeno que sexa, e gañar noutro. Pero hai que pensar no futuro e saber qué é noso e qué do veciño, pois iso axudaranos a plantalo piñeiro, coidalo e finalmente talalo, sabendo que é da nosa propiedade; e non ter que rematar falando co Xuiz para que despois de mimala árbore nos diga que está no monte do veciño e que o traballo que levamos non serviu para nada.

25 may 2009

A ROMERÍA DAS PASCUILLAS - 1 DE XUÑO

Esta Romería celébrase dende tempos moi antigos na Comarca da Paradanta, no Santuario da Franqueira, situado no Concello da Cañiza. Antigamente os aldeanos dos lugares, levaban as imáxenes dos seus Santos e Vírxenes o lombo, e percorrían os camiños existentes no monte. Para alegrala camiñata, non era extrano atopalos gaiteiros, alegrando o camiño. Hoxe en día, estas imaxenes van en tractores recorrendo as estradas e os seus feligreses a pé facéndolle procesión.

Son moitas as imáxenes que chegan o Santuario da Franqueira, as cales veñen de calquer punto da Comarca da Paradanta e do Condado; mesmo chegan a vir de Pazos de Borben e de Redondela.

O día anterior, os aldeáns, adornan o seu tractor con fermosas frores e palmas e engalanan ás imáxenes, coa súa vestimenta máis fermosa e xollas.

O día 1 de Xuño, algúns de madrugada, sairán da súa casiña dirección a Franqueira. Unha vez que cheguen, unha a unha das imáxenes irán a saudar a Nosa Señora da Franqueira, mediante ritos antigos de besamán. Despóis da larga camiñata, hai que repor forzas, e que mellor que achegarse a Área Recreativa dos Bidueiros, cun bó prato de polbo "a feira", unha tortilla de pataca da casa, unha dourada empanada de sardiñas, e mesmo un anaco de pan con xamón; para regalas nosas gorxas, habera que mandarlle un bó trago de viño. Nesta Área Recreativa, atoparemos onde comer e dormila siesta, pois non podemos esquecer que aínda nos queda voltar a casa.

Despois de un bó xantar, recolleremos novamente as imáxenes, e despediremonos da Virxe da Franqueira, tamén de forma ritual. E pouco máis nos queda do día, pois as imáxenes voltarán o sitio de onde sairon e nós a metelos pés en auga con sal, que os pobres están moídos.

Eso sí, se temos gañas aínda de festa, só teremos que acercarnos As Achas; alí nos espera unha boa charanga...

ESTA É A ROMERÍA DA PRIMAVEIRA

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: