Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

30 sept 2009

Xunta e industria forestal analizan as necesidades do sector

O director xeral de Montes mantivo unha xuntanza con responsables de Fearmaga e Monte-Industria para avanzar no deseño de liñas de acción para esta lexislatura

Santiago, 30 de setembro de 2009.- O director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co director da Asociación Galega Monte-Industria, Juan Picos, e a secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga), Ana Oróns, para analizar as necesidades da industria forestal. O obxectivo desta xuntanza é avanzar no deseño de liñas de acción para garantir a calidade da produción galega de madeira. Neste sentido, abordouse a urxencia de potenciar a certificación forestal dos montes galegos e incrementar a superficie certificada, que co anterior Goberno se viu diminuída, para recuperar o liderado que tiña Galicia nesta cuestión. Fernández-Couto asegurou que o incremento da certificación forestal é un dos obxectivos prioritarios da Consellería do Medio Rural para a actual lexislatura.
Consenso e colaboración
Os asistentes trataron tamén a orde de axudas para as empresas de aproveitamento forestal, da que a Dirección Xeral de Montes ten xa o borrador para o período 2010-2011 e sobre o que Fearmaga e Monte-Industria farán achegas na busca do máximo consenso. A anterior orde de axudas aprobouse recentemente con case un cento de pequenas empresas forestais galegas beneficiarias que se distribuíron 6,5 millóns de euros. O obxectivo da iniciativa é potenciar a competitividade do sector e favorecer a súa adecuación a un mercado cada vez máis esixente nos parámetros de calidade. Ademais, Montes e as entidades participantes na xuntanza acordaron establecer as bases para poñer en marcha un convenio de colaboración entre a Consellería e as asociacións. O obxectivo é definir liñas de acción para fortalecer a cadea monte-industria. Cómpre sinalar que o sector forestal representa unha facturación anual de 2,5 millóns de euros e que o consumo de madeira en Galicia ascende a 8 millóns de metros cúbicos, proporcionados practicamente na súa totalidade polos montes galegos.

FONTE: NOVAS DA XUNTA

26 sept 2009

A Xunta salienta no marco do V Congreso Forestal Español o valor do monte como motor de desenvolvemento rural

O director xeral de Montes interviu esta mañá na mesa redonda sobre política forestal atlántica

Ávila, 25 de setembro de 2009.- O director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, participou esta mañá na mesa redonda sobre política forestal atlántica desenvolvida no marco do V Congreso Forestal Español. O evento, que se celebra en Ávila desde o pasado luns ata hoxe, céntrase no tema Montes e sociedade. Saber que facer. O obxectivo do encontro é analizar a repercusión da globalización, do cambio climático e do cambio social nos modelos de xestión do monte.
No debate, Tomás Fernández-Couto abordou a relevancia do monte como motor e fonte de desenvolvemento económico e rural, insistindo na necesidade de definir instrumentos normativos que permitan impulsar a certificación forestal. O director xeral referiuse ao potencial que representa o aproveitamento do monte en Galicia, con 2 millóns de hectáreas de superficie forestal, unha vez superados os límites impostos pola grande atomización da propiedade. Neste sentido, avogou polo asociacionismo e a unión dos propietarios como vía para unha xestión sustentable e con garantías de futuro.
Ademais, na mesa redonda tratouse o papel que desenvolve o monte na loita contra o cambio climático e as novas demandas sociais para o uso dos espazos forestais como alternativas de lecer. O Congreso reuniu aos responsables das políticas forestais de todas as comunidades autónomas de España, que expuxeron o seu diagnóstico e visión de futuro en debates paralelos centrados nas zonas atlántica, interior e mediterránea e insular.
FONTE: NOVAS DA XUNTA

23 sept 2009

Sólo el 7% de nuestros bosques son gestionados de forma sostenible

Por Eva San Martín
Un total de 1.119.940 hectáreas de bosque español cuentan con una certificación PECF, una figura que garantiza que los recursos forestales de estos espacios se explotan siguiendo criterios de protección, conservación. Esto significa que apenas el 7,54% de la superficie forestal nacional cuenta con garantías de que los recursos como el papel o la madera se extraen y obtienen de una forma respetuosa con el entorno y el mantenimiento de sus ecosistemas. Son algunas de las conclusiones que han podido escucharse en el quinto Congreso Forestal Español, que se celebra esta semana en Ávila. El 90% de las certificaciones forestales se regulan a través de PECF, que ya utilizan 1.100 pequeños y grandes propietarios.

Rechazo de los consumidores
El uso sostenible de los bosques ha conseguido colocarse en la agenda política nacional e internacional. El rechazo que produce en los consumidores no conocer el origen de las maderas que utilizan explica en parte que algunos productores opten por sumarse a certificaciones como las de PECF, que aseguran el origen y proceso sustentable de los materiales. "La certificación forestal es mucho más que un sello", señala Ana Belén Noriega, secretaria de PEFC España, mientras que recuerda que la certificación ayuda a ordenar la planificación del territorio. Las industrias y los productores y distribuidores también se ven obligados por las restricciones y controles que supone ser sostenible. "Y son cada vez más las industrias que apoyan este tipo de certificación", concluye.

20 sept 2009

Galicia e Portugal colaborarán na xestión dos montes transfronteirizos no marco do programa Xes Silvae

Tomás Fernández-Couto mantivo hoxe unha xuntanza en Porto para avanzar na creación dunha rede de cooperación que impulse a ordenación dos territorios forestais da Eurorrexión

Porto (Portugal), 18 de setembro de 2009.- O director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, mantivo hoxe en Porto unha xuntanza cos responsables da política forestal de Portugal para analizar vías de colaboración a prol dunha xestión sustentable dos montes das zonas transfronteirizas. O encontro enmárcase no proxecto Xes Silvae, integrado na iniciativa comunitaria Interreg, que ten como obxectivo a creación dunha rede de cooperación para a ordenación dos territorios forestais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

No marco desta colaboración, está previsto o deseño de accións e instrumentos conxuntos para garantir a sustentabilidade na xestión dos montes galegos e do norte de Portugal. Trátase de potenciar o aproveitamento integral dos recursos forestais, ao tempo que se incide na prevención de incendios. As actuacións, que se desenvolverán ata que finalice o ano 2010, suporán un investimento superior aos dous millóns de euros, cofinanciados polas dúas administracións implicadas, co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feder).

Proxecto Xes Silvae
O proxecto Xes Silvae forma parte do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, que ten como obxectivo a promoción de accións conxuntas de ordenación e protección dos espazos transfronteirizos. Así, a Dirección Xeral de Montes da Xunta e a Autoridade Florestal Nacional portuguesa unirán esforzos no fomento da potencialidade ambiental e produtiva das superficies forestais, como garantía de futuro para o sector produtivo e a economía das poboacións rurais.

FONTE: NOVAS DA XUNTA

4 sept 2009

Exito da convocatoria da Comunidade de Montes de Prado da Canda.


Veciñas e veciños acudiron con desbrozadoras, fouces e outros utensilios a limpar a Fonte da Prata e a Rega da Vería. A limpeza da maleza deixa ao descuberto un altar, e unha fonte. Este patrimonio forma un conxunto moi interesante, que agora limpo podemos desfrutar.

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: