Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar
23 jun 2009
DESLINDES APROBADOS
8 jun 2009
NOVA LEXISLACION SOBRE A ENFERMIDADE DO FUSARIUM
A Consellería de Medio Rural publica no DOG nº 104 de 29 de maio o Decreto 304/2009, do 14 de maio, polo que se establecen as normas de recollida, transporte e tratamento dos produtos forestais provenientes das zonas afectadas polo fungo Gibberella Circinata Niremberg et O’ Donnell, tamén coñecido como Fusarium Circinatum Niremberg et O’Donnell.
O fungo Gibberella Circinata Niremberg et O’Donnell, tamén coñecido na súa forma anamórfica como Fusarium Circinatum Niremberg et O’Donnell, é o causante da enfermidade dos piñeiros e doutras coníferas coñecida como o chancro do piñeiro, que produce nas árbores a aparición de resinas abundantes. Este organismo nocivo detectouse principalmente en material forestal de reprodución no norte da península e en ocasións tamén se determinou a súa presenza en masas forestais. O feito de que a súa presenza non se confirmase con anterioridade na Unión Europea obriga á adopción dunha serie de medidas urxentes tendentes ao seu control e erradicación coa finalidade de evitar a súa propagación.
7 jun 2009
A Asociación Forestal de Galicia celebrará a súa XXIII Asemblea Xeral na Estrada o 20 de xuño
O vindeiro sábado 20 de xuño a Asociación Forestal de Galicia celebrará a XXIII Asemblea Xeral Ordinaria no Teatro Principal da Estrada (Pontevedra). O almorzo celebrarase nun restaurante local e pola tarde visitarase o aproveitamento agrícola, gandeiro e forestal da cooperativa Monte Cabalar no sur do concello da Estrada. Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán apuntarse en calquera das oficinas da AFG antes do martes día 16 ás 14 horas.