Onte día 16/07/2009, celebrouse unha reunión da Mesa da Madeira na que estivo presente a Asociación Forestal de Galicia e na que a Dirección Xeral de Montes informou sobre a evolución dos expedientes de axudas sobre a madeira tumbrada polo temporal Klaus. O director xeral de Montes comentou que a finais da semana que ven ten previsto comunicar a todos os propietarios solicitantes da axuda quen son os beneficiarios. O director xeral tamén informou que os traballos de corta e saca realizaranse de acordo cunhas condicións técnicas (documento que foi entregado aos presentes na reunión) e o compromiso quedará reflectido nunha acta de recoñecemento previo suscrito entre o propietario e a empresa pública Seaga, documento que tamén se entregou nesta reunión. Ambos documentos están dispoñibles nesta páxina
Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar
20 jul 2009
Asamblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia na Estrada
A Asociación Forestal de Galicia celebraou o pasado sábado 20 de xuño no Teatro Principal da Estrada a súa XXIII Asemblea Xeral anual, á que acudiron propietarios de montes e representantes de comunidades de montes veciñais en man común de toda Galicia. O alcalde da Estrada, José Antonio Dono López, deu a benvida aos participantes e presidiu o acto de apertura desta asemblea. No transcurso da mesma someteuse a aprobación o informe económico e o informe de actividades da AFG. A situación nos montes do norte de Galicia derivada do paso do ciclón Klaus tivo un especial tratamento nesta asemblea na que analizouse a actuación da AFG para que os propietarios forestais afectados puideran acceder as axudas de corta e saca da madeira ofertadas pola Consellería do Medio Rural. Presentáronse tamén as xestións que está realizando a AFG para que a Xunta de Galicia cree unha liña de axudas para a restauración dos montes afectados.
Outro tema que tratado en profundidade foi a certificación rexional PEFC. A AFG está traballando arreo para promover a sostibilidade na xestión forestal dos montes galegos e lanzou nesta asemblea o seu programa de certificación co obxectivo de que todos os socios da AFG poidan ter os seus montes certificados. A Xunta de Goberno da AFG propuxo a creación dunha unidade específica da administración autonómica dedicada a sanidade forestal e vai a demandar a posta en marcha dunha campaña de control do goníptero, xunto cunha liña de axudas para transformación dos montes de eucalipto gravemente afectados a outras especies forestais mellor adaptadas aos sitios a fin de garantir a sostenibilidade das masas.
A utilización enerxética da biomasa forestal primaria é unha actividade estratéxica para sacar ao monte da grave crise que atravesa e que vaise a agudizar na segunda metade do ano. A directiva da AFG propuxo a Asemblea a petición dun compromiso político do goberno e de todos os partidos políticos para axilizar o proceso de selección de proxectos de plantas de biomasa que deixou sen resolver o goberno anterior. O programa da AFG para esta asemblea finalizou cunha visita de todos os socios á Cooperativa Monte Cabalar onde os participantes subiron ao monte para ver unha perspectiva das fincas recuperadas do abandono e se puideron ver cabezas de gando pertencentes á cooperativa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)