Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

OBXECTIVOS E FINS DA MANCOMUNIDADE

1º Coordinar as actividades das Comunidades veciñais que a integran, velando porque observen a legalidade vixente que lles sexa aplicable e os seus respectivos Estatutos.



2º Servir de nexo de unión entre as distintas Comunidades veciñais con fin de manter contactos e intercambio de experiencias que contribúan ó enriquecemento dos coñocementos que melloren a actividade da xestión.



3º Tratar de que cada unha das Comunidades membros sirvan ó máximo ós fins previstos nos seus respectivos Estatutos.



4º Promover e planificar actuacións de ordenación, planificación, e xestión dos distintos usos do medio natural, forestal, agrario, gandeiro ou doutro tipo con fin de compatilizar os distintos aproveitamentos de interés para as Comunidades veciñais integrantes, respetando os principios de máxima renta, uos múltiple do monte e persistencia.



5º Acadar unha adecuada regulación dos usos do solo co consenso das Comunidades veciñais integrantes e as posibles asociacións gandeiras que elimine os conflictos existentes.



6º Aproblación dun plan de xestión do pastoreo eliminando o gando non autorizado.



7º Adopción de medidas encamiñadas á prevención de incendios forestais, pragas e enfermidades.



8º Solicitar axudas, subvencións e colaboración dos organismos públicos para servicios comunes ás Comunidades veciñais integrantes; así como para estudio do territorio e defensa do medio ambiente e cantas outras redunden en beneficio da Mancomunidade e as Comunidades membros.



9º Defender os intereses da Mancomunidade ante agresións externas non autorizadas relativas á utilización dos recursos ou outras.

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: