Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

8 jun 2009

NOVA LEXISLACION SOBRE A ENFERMIDADE DO FUSARIUM

A Consellería de Medio Rural publica no DOG nº 104 de 29 de maio o Decreto 304/2009, do 14 de maio, polo que se establecen as normas de recollida, transporte e tratamento dos produtos forestais provenientes das zonas afectadas polo fungo Gibberella Circinata Niremberg et O’ Donnell, tamén coñecido como Fusarium Circinatum Niremberg et O’Donnell.

O fungo Gibberella Circinata Niremberg et O’Donnell, tamén coñecido na súa forma anamórfica como Fusarium Circinatum Niremberg et O’Donnell, é o causante da enfermidade dos piñeiros e doutras coníferas coñecida como o chancro do piñeiro, que produce nas árbores a aparición de resinas abundantes. Este organismo nocivo detectouse principalmente en material forestal de reprodución no norte da península e en ocasións tamén se determinou a súa presenza en masas forestais. O feito de que a súa presenza non se confirmase con anterioridade na Unión Europea obriga á adopción dunha serie de medidas urxentes tendentes ao seu control e erradicación coa finalidade de evitar a súa propagación.

VER O PLANO DE CONTINXENCIA DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: