Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

9 ene 2010

Axudas para a realización de traballos silvícolas

Entre o 7 de xaneiro e o 6 de febreiro estará aberto o prazo para solicitar as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural. Poderán ser beneficiarios destas axudas, os propietarios particulares, as agrupacións dos ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os proindivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas con personalidade xurídica e as comunidades de montes veciñais en man común. Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarias dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.  Os importes de subvención corresponderanse, como máximo, co 60% do valor máximo de investimento no caso de traballos silvícolas en zonas desfavorecidas e co 50% do valor máximo de investimento no resto dos casos.

Actuacións obxecto de axuda

  • Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm.
  • Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas.
  • Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa comprendido entre os 10 e os 20 cm. (Consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha).
  • Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha.
  • Tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, en quenda de 25-30 anos.

Subvencionaranse os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo V de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

Non se poderán solicitar as mesmas actuacións sobre superficies xa subvencionadas nas convocatorias de axudas dos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008.

O IVE non é subvencionable.

Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas

a) Superficie mínima 
Para montes veciñais en man común, con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 ha, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 ha nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 ha, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 10 ha nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
Para agrupacións de propietarios particulares, entidades locais, cooperativas agrícolas, proindivisos, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 ha nun couto redondo, non admitíndose máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 ha nun couto redondo, non admitíndose máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Superficie máxima 
Para agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas: a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 ha nun só couto redondo.
Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 ha nun só couto redondo.
Para comunidades de montes veciñais en man común: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 50 ha, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando cada un deles supere a superficie mínima de 3 ha para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 ha e de 10 ha para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 ha.

Os traballos obxecto da solicitude non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: