Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

5 ene 2011

Juárez explica en Salvaterra de Miño a liña de indemnizacións polo nematodo do piñeiro

Santiago, 4 de xaneiro de 2011.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, ven de explicar esta maña en rolda de prensa as principais liñas de indemnización abertas pola consellería para os afectados polo nematodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus). Juárez detallou na casa de cultura de Salvaterra as últimas medidas adoptadas polo seu departamento ao abeiro da resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres, 31 de decembro, tras un recorrido previo pola zona acompañado polo director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e polos alcaldes de Salvaterra de Miño e As Neves.

Mediante esta publicación, os propietarios das parcelas situadas arredor do foco positivo poden iniciar o proceso de tala pola súa conta, previa solicitude do permiso e seguindo as normas necesarias para evitar a propagación do nematodo. Para comunicalo ao Servizo Provincial de Explotacións Agrarias terán de prazo ata o 20 de xaneiro e a súa execución deberá realizarse antes do 28 de febreiro. Se neste prazo, os propietarios non solicitaran o permiso ou non realizaran a corta a Administración procederá a súa erradicación. Unha resolución, contemplada na Lei de Sanidade Vexetal, que ten como obxectivo erradicar o foco confirmado o pasado 5 de novembro no concello pontevedrés de As Neves.

Indemnizacións
O conselleiro do Medio Rural incidiu na prioridade de executar as tarefas de erradicación de tódalas especies susceptibles de ser afectadas polo foco antes da suba das temperaturas, momento no que o insecto vector se activa (un tipo de escaravello que transporta o nematodo). A data posterior do 28 de febreiro marca o inicio das accións que acometerá entón a Administración, neste caso as indemnizacións que recibirán os propietarios calcularanse utilizando como referencia os prezos das poxas públicas celebradas ao longo dos anos 2009 e 2010 para masas forestais similares. As contías estimadas serán en torno aos 8-10 euros por metro cúbico.

Estas compensacións, tal e como indicou Samuel Juárez, axúntanse ao plantexamento inicial realizado dende a Xunta al Ministerio do MARM e a Comisión Europea, estando neste momento pendente a reunión coas autoridades europeas para pechar definitivamente as indemnizacións.

Punto de información
O departamento que dirixe Samuel Juárez mantivo dende o primeiro momento contacto cos alcaldes de As Neves e Salvaterra de Miño, na última xuntanza determinouse a creación dun punto de información para tódolos interesados e propietarios das parcelas próximas. A oficina -onde tivo lugar esta mañá o encontro cos medios- está operativa dende onte luns na casa de cultura de Salvaterra de Miño, na parroquia de Leirado.

Medidas
Dende a confirmación do foco a departamento que dirixe Samuel Juárez puxo en marcha diversas medidas de actuación, informou ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM) e de inmediato se puxeron en marcha as actuacións precisas para a erradicación do foco, así como as prospeccións sistemáticas co fin de determinar o alcance da enfermidade e a adopción de tódalas medidas fitosanitarias previstas na normativa comunitaria. Do mesmo xeito, convocouse de maneira urxente a Mesa da Madeira para expoñerlle a situación e darlles a coñecer o plan de acción a desenvolver, unha vez publicada a resolución no DOG coa declaración da praga.

Ademais, a madeira da zona demarcada, quedou suxeita a limitación de movemento, de forma que só puidese saír da zona con garantías de que se tivese inactivado o nematodo mediante o tratamento térmico adecuado existente nalgunhas industrias da madeira. A día de hoxe xa se regularizou a actividade na zona de vixilancia.

Plan de detección
Fai máis de dez anos que existe un Plan de Detección, plan que se redobrou nos últimos dous anos, froito destes esforzos detectouse un único árbore positivo, é dicir, o foco de positividade que xa foi erradicado despois da súa confirmación. Polo que, Medio Rural está actuando coa máxima celeridade no control e erradicación do organismo de corentena nematodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus).

FONTE: WEB DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: