O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe 3 de xuño de 2010 a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2010 declárase o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro como de perigo alto de lumes forestais.
Ao mesmo tempo, a Orde faculta tamén ao director xeral de Montes para ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar estas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios.
Lei de prevención
A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.
FONTE: NOVAS DA XUNTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario