Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

9 oct 2009

Convocada Asamblea Extraordinaria do GDR-17 (Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta

Esta Asociación, foi constituida a finais do ano 2008, para poder xestionalo Programa Leader 2007 - 2013. Esta formada por entidades e asociacións dos concellos de: A Cañiza, O Covelo, Crecente, Arbo, As Neves, Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. A súa sede atópase no Centro Comarcal A Paradanta, sito na Cañiza.
Na última Asamblea, celebrada no mes de Xullo, solicitouse a ratificación da Xunta Directiva, a cal foi elexida polos asociados, estando representados en sete mesas sectoriais: 5 representantes dos Concellos, 3 representates do sector forestal, 2 representantes do sector agrogandeiro, 1 representante de asociacións de mulleres, 1 representante de asociacións xuvenís, 1 representante de asociacións culturais, de veciños, deportivas e recreativas, e 2 representantes de asociacións de empresarios de diversas actividades.
O día 21 de Octubre, ás 20:30 horas en 1ª Convocatoria e 21 horas en 2ª Convocatoria, celebrarase na Casa de Cultura da Cañiza, unha Asamblea Extraordinaria, para a ratificación da Xunta Directiva, onde tódolos asociados deberán votar SÍ ou NON, a composición da Xunta Directiva, e así poder pór a funcionar esta Asociación, pois, lévase dous anos perdidos, e senon se comeza a funcionar antes do 31 de decembro, do presente ano, perderase moito diñeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: