Novas da Consellería do Medio Rural e do Mar

6 oct 2009

O director xeral de Montes visita o proxecto de aproveitamento enerxético de biomasa creado en Ponteareas

Ponteareas/Santiago, 6 de outubro 2009.- O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, visitou hoxe en Ponteareas o proxecto de aproveitamento enerxético de biomasa forestal primaria posto en marcha pola Comunidade de Montes Veciñais de Xinzo co apoio da Xunta de Galicia. A visita enmarcouse na xornada de presentación ao director xeral, que comezou cunha demostración do proceso de aproveitamento de biomasa no monte de Xinzo e nun percorrido pola planta de calor instalada no Centro Multiusos desta parroquia. A continuación, Tomás Fernández-Couto asistiu á presentación do proxecto a cargo do presidente da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Fernández de Ana Magán, quen falou sobre o uso enerxético da biomasa forestal no sur de Galicia; o presidente de Engabiomasa SL, Benito Fernández González, que abordou o proxecto empresarial; e a secretaria de Enerxil e presidenta da comunidade de montes de Xinzo, Carmen Boente Cima, que explicou o papel da mancomunidade. Ademais, o conselleiro delegado de Selga SL, Francisco Dans del Valle e o director xeral de Altaïr-Dalkia, Ánxel Seco Vilariño, falaron do plan de aproveitamento de biomasa e do proxecto de planta, respectivamente.

Froito da colaboración
A posta en marcha dunha instalación de aproveitamento enerxético de biomasa en Ponteareas responde ao convenio de colaboración formalizado en 2007 polos responsables da Consellería do Medio Rural, o Instituto Enerxético de Galicia, a Comunidade de Montes en Man Común de Xinzo e a Asociación Forestal de Galicia. O obxectivo é o fomento do aproveitamento enerxético da biomasa forestal primaria en Galicia, de acordo coa política enerxética da Xunta e co Plan acción para a biomasa da Unión Europea. O proxecto, orzamentado en máis de 300.000 euros está cofinanciado polas entidades asinantes do convenio no marco do proxecto europeo de cooperación transrexional Enersilva Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticas no sudoeste de Europa. Para a realización do proxecto, foi necesaria a adquisición de maquinaria forestal e a construción dunha nave de almacenamento no monte para a primeira fase do proceso. Tamén se creou a planta de calor, coa caldeira de biomasa e o sistema de alimentación de estela e se construíron a sala de caldeira e o silo de almacenamento, así como as instalacións e conexións precisas para o seu funcionamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TEMPO NOS NOSOS MONTES: