
A Federación Ecoloxista Galega en colaboración coa Xunta de Galicia organiza para
o sábado 14 de novembro ás 18:00 horas no centro social das Achas (A Cañiza), unha charla formativa sobre matogueiras:
- Manexo sostíbel das matogueiras, Jesús de la Fuente Villar, enxeñeiro de Montes.
- As matogueiras: importancia, hábitats e especies, Xosé Luis Castro Baleato, biólogo especialista en biodiversidade e conservación.
Ademais, haberá unha visita guiada o vindeiro 22 de novembro á Mancomunidade do Val Miñor e CMVMC de Santiago de Covelo, xestión de biomasa forestal mediante compostaxe e manexo sostíbel de matogueiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario